O Concello de Pontevedra, seguindo os pasos doutras cidades españolas que decidiron facilitarlle á cidadanía un servizo de Internet sen cables de balde nas principais rúas e prazas, vén de anunciar que ofrecerá este mesmo servizo en toda a cidade, así como conexións de banda larga nas zonas do rural ás que non chegan as operadoras tradicionais.
Segundo informan dende o Executivo local, “xa está moi avanzada a tramitación”, e engaden que “a idea é poñer en marcha a rede rural casi de inmediato, e ofrecer o servizo no casco urbano ao longo do primeiro trimestre de 2011”.
Os responsables da iniciativa xa se puxeron en contacto coa Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) para así evitar os problemas xurdidos noutros concellos do país que tamén se lanzaron a ofrecer Wi-Fi de balde sen contar coa requisitos impostos pola entidade estatal.
De chegar a acordo, o servizo prestarase de balde nalgunhas prazas do casco histórico e urbán, porén será un acceso cun ancho de banda controlado e con límites, que non permitirá certas cousas como realizar descargas P2P, visualizar videostreaming ou realizar chamadas de voz por IP.
faise necesario que a poboación en xeral acceda a esta tecnoloxía e teña a súa disposición os medios necesarios para participar e relacionarse a través da rede”.
Neste senso a entidade pública só actuará como operadora en lugares onde non existe o servizo e onde a iniciativa privada non opere con Internet de calidade.
Pontevedra contará con Wi-Fi nas súas principais rúas e prazas
Compartir Este Artigo

