Despois de que na revista Game Informer amosasen os pasos que vai dar Lara Croft no seu novo xogo (unha aventura que contribuirá á definición do personaxe ao contar as súas orixes) dende Sony decidiron recuperar as anteriores entregas de Tomb Raider adaptándoas á alta definición da PlayStation 3, consola para a que The Tomb Raider Trigoly será exclusiva nesta revisión en HD.
O paquete incluirá os xogo Tomb Raider: Underworld (título inicialmente elaborado en alta definición) e as remasterizacións en alta definición de Tomb Raider: Legend e Tomb Raider: Anniversary. Tamén contará cun tema estático exclusivo, avatares para PlayStation Home e vídeos con trailers e reportaxes sobre os 3 xogos incluídos nesta recompilación que estará dispoñible o 22 de marzo de 2011 a un prezo de venda recomendado de 40 euros.
Os últimos Tomb Raider volverán á PS3 en HD
Compartir Este Artigo

