
A xuízo da firma, esta taxa de crecemento débese a varios factores: a especialización tecnolóxica e en certos mercados verticais, a suma de experiencia (práctica á hora de tirar partido dos puntos fortes) e a meirande presenza nos mercados español e portugués.
Para Elías Pérez, director xeral de Quobis, todo isto non sería posible sen ter centrado a actividade da compañía na interconexión, a interoperabilidade e máis a seguridade de redes de comunicacións unificadas. Asemade, cómpre engadir ao paquete de causas do crecemento a orientación cara a mercados como o das telecomunicacións, call centers e xestores de grandes redes, así como a apertura á colaboración con enxeñerías e integradores de primeira liña. Máis en detalle, Quobis inaugurou contas este ano con empresas do eido das telecomunicacións como R, BT ou Telecor, e estableceu alianzas con Sykes, Avanza-Unitono ou Grupo SS, centradas nos servizos de atención aos clientes para outras empresas.
Sobre as perspectivas de 2011, o obxectivo é afondar nos logros obtidos e ir un pouco máis lonxe na apertura de mercados. Deste xeito, Quobis prevé afianzar a súa presenza en España e Portugal e emprender actividades en catro países de Lationamerica. Amais, apostará pola xeración de servizos de produción propia no eido das comunicacións en tempo real. Nesta liña insírese SecVoID, “a primeira solución do mercado que permite autentificar e máis encriptar chamadas baseadas no uso do DNI electrónico español ou o cartão do cidadão portugués”, informa a firma de consultoría TIC con sede en Vigo.
A galega Quobis pecha 2010 cun medre do 38%
Compartir Este Artigo
