
Segundo imos tendo información destes títulos queda claro que Revelations vai ser un auténtico xogo da saga, e non unha simple versión móbil, conseguindo un aspecto gráfico excelente, unha ambientación escura que lembra aos primeiros xogos da franquía (polo que podemos ver nun dos novos vídeos do xogo en funcionamento) e cunha protagonista tan boa como Jill Valentine.

Curiosamente este último xogo podería ter unha versión sen 3D para as plataformas móbiles de Apple, que levaría por nome Resident Evil Mercenaries VS, e que contará co partidas multi-xogador baseadas en Game Center. Concretamente permitirá participar a 4 xogadores simultáneos de xeito libre ou agrupados en 2 equipos, nos que haberá que disparar aos opoñentes á vez que hai que defenderse dos ataques de mortos zombis. Este título chegará á App Store no mes de febreiro, de xeito que serviría de anticipo ao que logo chegará á Nintendo 3DS, aínda que hai que recoñecer que o sistema de control deste tipo de xogos con pantalla táctil está lonxe de ser a óptima, de aí que non sorprenderá se a súa acollida non é moi boa.
Avance en vídeo de Revelations
Así veríase Mercenaries VS no iPhone

