A poucas horas da presentación europea da Nintendo 3DS (o vindeiro mércores ás 15:00 horas) moitas son as informacións que continúan a chegar sobre a futura consola portátil de Nintendo, como as súas resolucións de pantalla (800 x 240 píxeles na superior e 256 x 196 píxeles a inferior), o feito de que será compatible cos cargadores de corrente das Nintendo DS e DSi, que as caixas dos xogos será un pouco máis lixeiras e que os cartuchos serán lixeiramente diferentes nunha das súas esquinas (entendemos que para diferencialos con facilidade) , o menú da consola estará accesible en metade de partida (aínda que non de estar xogándose en liña ou utilizando a cámara), que inicialmente só distribuirán 400.000 unidades da consola (polo que podería repetirse a historia do desabastecemento da Wii, aínda que tamén poderá ser unha estratexia para incentivar as reservas) e que, seguindo os pasos da Wii, os xogos para Nintendo 3DS dirixidos a un público adulto, terán o logotipo co nome da consola sobre unha banda negra (en vez da habitual banda branca) de xeito que serán identificables de xeito rápido e doado, estando dentro desta categoría o Tom Clancy’s Splinter Cell 3D. Este último paso parece deixar claro que Nintendo non quere limitar a 3DS a títulos familiares como fixo coa Wii, senón que vai ter máis en conta ao público adulto, xa que a potencia da 3DS permitirá que grandes franquías presentes en consolas domésticas poidan trasladarse con éxito á súa nova plataforma 3D.
Novos detalles sobre a Nintendo 3DS
Compartir Este Artigo

