
Para Caamaño, a importancia destas novidades de Administración Electrónica teñen unha importancia dupla: polo que representan á hora de facilitar estas tramitacións (esixidas, dixo, en numerosas circunstancias da vida) e porque constitúen un novo pulo para o emprego estendido das novas tecnoloxías para comunicármonos coas entidades públicas.
A partir deste mércores, sinalou, poderanse pedir estes documentos por vía telemática, dende o noso fogar e mediante un clic. Na presentación destas iniciativas, Caamaño tivo tempo para achegar vindeiras novidades no eido da eAdministración, como por exemplo a posibilidade de requirir certificados de nacemento, matrimonio e defunción a distancia e pola vía das TIC.
Xa se poden obter certificados de antecedentes penais pola Rede
Compartir Este Artigo
