A división de videoxogos de Sony en España e Panini estrean hoxe no mercado español o que aseguran que é «a primeira colección de cromos de realidade aumentada» coas populares criaturas das dúas entregas para PSP do xogo Invizimals, desenvolvido en España por Novarama e considerado todo un éxito internacional.
A colección de adhesivos permitirá xuntar nun álbum (que está á venda por 1,90 euros) imaxes cos 231 Invizimals existentes acompañados por uns marcadores que permitirá amosar ás criaturas en movemento na pantalla da PSP (de contares coa cámara Go!Cam) coma cando se xoga aos títulos desta saga que atopa así un interesante xeito que achegarse aos seus seareiros.
Cada sobre da colección de cromos interactivos de Invizimals venderase a 0,80 euros e incluso contan con anuncio televisivo para dar a coñecer esta iniciativa que dan en chamar «cromos 2.0»:
Os Invizimals saltan da PSP a unha colección de cromos interactivos
Compartir Este Artigo

