Nos últimos anos cada vez estase a facer máis difícil separar o ensino das TIC e xa non se concibe estudiar sen comunicarnos en liña con compañeiros e docentes, buscar contidos en Internet ou descargar aplicacións que precisamos para algunha actividade ou tarefa.
O e-learning permítenos comunicarnos con outros internautas ou acceder á información na Rede de maneira síncrona ou asíncrona e sen limitacións espacio-temporais co que mellora substancialmente as posibilidades da Rede no proceso de ensino-aprendizaxe.
Precisamente para aproveitar todas as vantaxes que ofrece o e-learning, a Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade da Universidade de Vigo, organiza un novo curso para o seu persoal docente, que terá como núcleo o programa TEMA.
Nel tratarase de dar a coñecer o funcionamento de Claroline, unha plataforma de e-learning que naceu co obxectivo de ser un complemento virtual da docencia presencial na que o profesorado administra o contido das súas materias mediante o emprego dunha serie de ferramentas tecnolóxicas.
Trátase dun curso eminentemente práctico, polo que a cada docente que participe nel asignaráselle un espazo de proba na plataforma Claroline para que inicie a montaxe da súa materia e practique con cada un dos recursos que atope, “para que empecen a traballar con ela”.
O obxectivo é, segundo adiantou Sonia Álvarez, a encargada de impartilo, “conseguir que os docentes aprendan a publicar información e propoñan actividades utilizando as diversas accións posibles como son a axenda, os anuncios, os documentos, os
O curso, que manterá o prazo de matrícula aberto ata o 13 de febreiro, desenvolverase en modalidade semipresencial e celebrarase os días 15 e 22 de febreiro, de 16.00 a 20.00 horas, e o 23 do devandito mes, de 16.00 a 18.00 horas, no campus de Vigo.
Un novo curso achega ao persoal docente ao e-learning
Compartir Este Artigo

