O xogo para Spectrum presentaba uns gráficos moi inferiores dos que agora podemos ver no PC, aínda que compartindo mecánica e diversiónEn 1983 o ZX Spectrum foi a plataforma que recibiu inicialmente a La Pulga, un traballo de Paco Suárez e Paco Portalo que está considerado coma o primeiro videoxogos español, da aí que os premios entregados anualmente no Gamelab reciban o seu nome (lembremos que o xogo galego Battle of Puppets fíxose cun destes galardóns o ano pasado). Un ano despois o xogo protagonizado por un alieníxena saltarín chegou ao Amstar CPC e ao Commodore 64, para chegar en 1986 ao MSX, de xeito que tivo unha longa traxectoria nos ordenadores da época, e que agora volve á actualidade porque o seu creador, Paco Suárez, agora no estudo Mandanga, adaptou La Pulga a Windows XP/Vista/7 e Mac OS X, podendo descargarse o xogo nun modo demo (que inclúe 3 niveis de balde) e que pode activarse por 7,77 euros para acceder ao xogo completo. Esta nova entrega de La Pulga chámase QQ#2 The Flea, e conta con gráficos en alta resolución, está adaptado a pantallas panorámicas, conta con zoom (para poder ter unha vista global ou detallada dos escenarios nos que se move a pulga) e ten un control sinxelo (manéxase só con 2 botóns, aínda que desta volta tamén é posible empregar os do rato informático para maior comodidade). Aparte de estar dispoñible para equipos informáticos, estase a preparar unha versión móbil para terminais iPhone, Android e Nokia de QQ#2 The Flea.