Os xogos clásicos de recreativas, ordenadores domésticos e vellas videoconsolas están a atopar en novas plataformas coma o iPhone unha excelente canle de recuperación, pois o que podería parecer un xogo vello nunha consola de alta definición, resulta bastante axeitado para un dispositivo portátil (con menor potencia e resolución gráfica), e compañías coma SEGA son moi conscientes diso, de aí que veñan de estrear na App Store o xogo Shinobi III: Return of the Ninja Master que adáptase da Mega Drive ao iPhone/iPod Touch.
A saga de Shinobi é unha das mellor recordadas no seu xénero, nacendo en 1987 para máquinas recreativas e trasladada a multitude de plataformas (chegando incluso a contar o seu primeiro xogo cun remake con soporte de alta definición en Xbox LIVE Arcade e estando dispoñible para a Consola Virtual da Wii) polo que parece normal que a súa segunda secuela tamén siga os mesmos pasos, polo que os seguidores da franquía poden xa adquirir por 2,39 euros na App Store esta nova entrega que permite manexar ao ninja protagonista tanto con controis virtuais coma co acelerómetro dos terminais de Apple ao longo dos 28 escenarios que compoñen esta aventura na que haberá que enfrontarse a multitude de bio-ninjas e xefes finais.
SEGA leva Shinobi III ao iPhone
Compartir Este Artigo

