
Nela, entre outras cousas, faise saber o compromiso do colexio no impulso ao coñecemento dos dereitos en materia de protección de datos e privacidade entre os cidadáns. Asemade, o CPEIG tamén recorda a importancia do bo uso da información persoal e do fomento as prácticas respectuosas cos dereitos existentes. O comunicado, que se acompaña da publicación recente dun libro sobre protección de datos (dirixido e coordinado por Rafael Millán e Fernando Suárez e achegando unha de ducia estudos sobre a salvagarda da información), incide tamén nos moitos riscos que poden vir dados por unha inaxeitada xestión dos datos: riscos de manipulación, substracción, suplantación, etc. Polo tanto, indica o colexio, “é necesaria a defensa do individuo e do seu dereito fundamental á protección dos seus datos persoais, recollido na propia Constitución Española, e entendido como a súa facultade para decidir cándo e baixo qué límites debe revelar datos sobre a súa persoa”.
E continúa: “Este poder de disposición sobre os propios datos persoais de nada vale se o afectado descoñece qué datos son os que se posúen por terceiros, quén os posúen e con qué fin; Aa radica a importancia de estar seguro de que o control dos mesmos está, en principio, no ámbito de poder xurídico do propio interesado”.
Os profesionais galegos apostan por un bo uso da información no Día da Protección de Datos
Compartir Este Artigo
