A saída de Teixo do seu estado en BETA, segundo afirman dende o blog da propia aplicación, “está cada vez máis preto” e sen ir máis lonxe, virá na versión 1.11 que está a piques de ser estreada, porén mentres agardamos por esta actualización, as empresas interesadas na mesma teñen á súa enteira disposición a versión 1.10, que vén de ser liberada esta mesma semana e que pouco lle ten que envexar á súa sucesora.
Esta nova versión continúa coa filosofía da entidade “de mellora continua do produto” e o seu grupo desenvolvedor puxo especial énfase nunha das funcionalidades que define á ferramenta como plataforma: as comunicacións.
Con esta nova versión de Teixo xa é posible que dúas empresas poidan enviarse documentación de traslados de residuos de maneira segura, fiable e casi automática sen usar outras ferramentas de comunicación adicionais, un paso máis na aposta de Teimas por acadar unha xestión totalmente desatendida do proceso.
Outro paso importante de cara á automatización do papeleo relacionado cos traslados é, segundo informan, “a posibilidade de cargar os documentos nos portais ou sistemas de información das diferentes comunidades autónomas”, algo que xa funciona con esta versión 1.10; concretamente coa CMATI (Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestruturas) que xa dispón dun formulario de UPLOAD en probas para o que Teixo elaborou un mecanismo de subida automática de E3L a SIRGa (Sistema de Información de Resíduos de Galicia).
Asemade, esta nova versión 1.10 mellora a xestión documental e facilita un espazo no que se concentran todos os ficheiros almacenados no sistema, de xeito que non hai problema por ir subindo ficheiros adxuntos a entidades.
Dende Teimas aseguran seguir traballando en máis funcionalidades e para poder recoller aportacións, suxerencias, comentarios ou mesmo críticas das persoas interesadas, vén de activar un espazo para os comentarios no blog.
Estréase a versión 1.10 do xestor de residuos Teixo
Compartir Este Artigo

