
Amais, 2011 é o ano de Castelao, xa que se celebran os 125 anos do seu nacemento.
O proxecto, que aínda está en desenvolvemento, segue en maior ou menor medida o modelo de outras accións postas en marcha en GalegoLab: achégase unha idea á que se lle vai dando forma e se lle van engadindo apoios ata que se converte nunha realidade. A iniciativa da que estamos a falar aínda está nos primeiros chanzos da escaleira, pero semella que está claro por onde encamiñar os esforzos. Por unha banda precísase unha persoa con coñecemento e tempo libre para crear a canle específica en YouTube (coa súa imaxe gráfica e demais cousas de mantemento), outra para xestionar/compartir a xestión da canle e outras para facer e subministrar os vídeos das lecturas.
Os obxectivos principais pasan por traballar a prol da visibilidade da nosa cultura nas canles globais, facendo uso dunha das súas principais ferramentas: YouTube. Asemade, trataríase de fomentar a práctica da lectura en galego.
Proposta colectiva para fomentar a lectura do galego en YouTube
Compartir Este Artigo
