A compañía especializada en xogos para móbiles Gameloft quere celebrar o día de San Valentín ofertando 14 dos seus títulos para iPhone ao prezo de 0,79 euros, dos que 13 xa están fixados e o 14º decidirase cunha votación a través de Facebook entre títulos coma N.O.V.A. 2, Modern Combat 2: Black Pegasus, Earthworm Jim, Guitar Rock Tour e outros 45 xogos do catálogo de Gameloft.
Os xogos xa confirmados nesta promoción son Spider-Man: Total Mayhem, Shrek Kart, Driver, Fishing Kings, Let’s Golf 2, Shadow Guardian, Rayman 2: The Great Escape, Real Golf 2011, Hero of Sparta II, Star Battalion, Prince of Persia: Warrior Within, Brothers In Arms 2: Global Front e Invasión Zombie. Os posuidores dun iPad tamén terán os xogos Shadow Guardian HD e Star Battalion HD dentro desta promoción, mentres que os que conten con dispositivos con Android deberán agardar ao venres para coñecer o que Gameloft tenlles reservados para o Día dos Namorados.
Gameloft anuncia ofertas para o día de San Valentín
Compartir Este Artigo

