
No seu discurso houbo argumentos incompatibles coa estratexia que promove o Goberno, a través da lei Sinde (que por certo rexurde), e que apoia unha boa parte dos directores e produtores: “Din que abrín unha crise. Crise en grego significa cambio. Precisamos unha crise, un cambio. Non hai marcha atrás. As regras do xogo cambiaron; Internet non é o futuro, é o presente“. Quen si que saíu ben parada da noite dos Goya foi Pa Negre, de Agustí Villaronga, que obtivo nove premios, entre os que se inclúe o de mellor película e mellor director. Con todo, Alex de la Iglesia non estivo só. Fóra do Teatro Real de Madrid, e nos intres previos ao comezo da gala, un grupo dunhas 200 persoas emitiron proclamas contra a lei Sinde, chamada así pola súa procedencia (vén da man de Ángeles González-Sinde, ministra de Cultura), entre cousas dirixida a rematar co libre fluxo de contidos audiovisuais na Rede e permitir o peche de aquelas páxinas web que dean acubillo a portas de entrada aos servizos de descarga.
Discurso de Álex de la Iglesia na gala dos Goya
Álex de la Iglesia certifica nos Goya a súa postura a favor da Internet
Compartir Este Artigo
