
Falamos da modalidade Blog literario, onde atopamos aos seguintes finalistas: Ferradura en tránsito, de Xosé Manuel Eyré, O levantador de minas, de Alfredo Ferreiro e máis Trafegando ronseis, de Gracia Santorum e Xosé Anxo Fernández Alonso.
A achega gañadora desta modalidade e das restantes (ensaio, xuvenil, narrativa, etc) será dada a coñecer na Cea das Letras, unha das actividades anuais máis importantes da asociación e que desta volta desenvolverase (coa presenza do escritor galego-universal Antonio Gamoneda) no Hotel Porta do Camiño de Santiago, o vindeiro 30 de abril. Damos conta a continuación das listaxes de finalistas das outras categorías.
Ensaio
1. A man que caligrafando pensa: do plástico-escritural e da manuscrita novoneyriana, de Carlos Paulo Martínez Pereiro
2. Elucidacións na sombra. Análise e interpretación de dúas pezas de Carvalho Calero, de Manuel Castelao
3. O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, de María Pilar García Negro
Literatura Infanto-xuvenil (AELG-Gálix)
1. Contos para nenos que dormen deseguida, de Pinto & Chinto
2. O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro
3. O segredo de Marco Polo, de Francisco Castro
4. Suso Espada. “Nota Roja”, de Francisco X. Fernández Naval
Mellor traxectoria en xornalismo cultural 2010 (AELG-Colexio de Xornalistas)
1. Anxo Tarrío
2. Daniel Salgado
3. Fran P. Lorenzo
4. Iago Martínez
5. Ramón Nicolás
Narrativa
1. O coitelo en novembro, de Marilar Aleixandre
2. Obediencia, de Antón Lopo
3. Periferia, de Iolanda Zúñiga
4. Settecento, de Marcos Calveiro
5. Todo é silencio, de Manuel Rivas
6. Xuvia-Neda, de Vicente Araguas
Poesía
1. Bater de sombras, de Francisco X. Fernández Naval
2. Estremas, de Ana Romaní
3. Retro(visor), de Antía Otero
Teatro
1. Canibalismo, de Marcos Abalde Covelo
2. Cínicas, de Teresa Moure
3. Flores de Dunsinane, de Manuel Lourenzo
Tradución
1. Bilbao-New York-Bilbao (Kirmen Uribe), na versión de Isaac Xubín
2. Lóbrego Romance. Pálida Pantasma. As Lendas Espectrais de Malvadia (Jack Mircala), por Isabel Soto
3. Randea do alento (Herta Müller), de Marga do Val
