O vindeiro día 25 chegará ao mercado Tomb Raider Trilogy, un paquete exclusivo para PlayStation 3 que incluirá as 3 últimas aventuras de Lara Croft, ou sexa, o recente Tomb Raider: Underworld acompañado por unha versión remasterizada e adaptada á alta definición de Tomb Raider: Legend e Tomb Raider: Anniversary, e para que o público teña constancia de que a mellora gráfica destes dous xogos na súa adaptación á PS3 é notable, dende Square Enix e Crystal Dynamics veñen de amosar unhas imaxes dos xogos que permiten realizar unha comparación entre as versións orixinais e as melloradas destes títulos que recibirán moitos seareiros da saga mentres non chega o seu prometedor reinicio.
Os últimos xogos de Tomb Raider para PS2 melloran graficamente na PS3
Compartir Este Artigo

