Os paxaros anoxados de Rovio resístense en deixar a actualidade e seguen a renovarse periodicamente para manter aos seus seareiros enganchados ás pantallas dos seus trebellos para rematar cos malvados porcos verdes que falles a vida imposible secuestrando os seus ovos. Agora prometen que no mes de maio os Angry Birds van estrear xogo en Facebook, tirando proveito das compoñentes sociais desta plataforma, e precisamente en Facebook é onde deron a coñecer que o 10 de marzo vai actualizarse o Angry Birds Seasons para conmemorar o día San Patricio (patrón de Irlanda).
A actualización do xogo destacará pola música de acordeón, os porcos verdes con sombreiros e as típicas iconas propias do día de San Patricio. Nun principio o Angry Birds Seasons limítase a terminais con iOS e Android, pero dende Rovio adiantan que en breve estrearán versións para dispositivos de Palm e Nokia.
Trailer da actualización do día de San Patricio do Angry Birds Seasons
Os Angry Birds celebrarán o día de San Patricio
Compartir Este Artigo

