O pasado venres chegaron ás tendas españolas os xogos Pokémon Edición Blanca e Pokémon Edición Negra, moi agardados polos seareiros desta franquía de éxito, que parece está a ter unha impresionante acollida a nivel internacional, colocándose nos postos 1 e 2 das listaxes de vendas de videoxogos británicas da semana pasada (seguidos por Fight Night Champion, Bulletstorm e Killzone 3), o que non acontece só no Vello Continente, senón que nos EE.UU. conseguiron sumar 1,08 millóns de copias vendidas no seu primeiro día (o pasado domingo) o que supón un record histórico (a anterior marca tíñana os Pokémon Diamante e Perla con 780.000 copias vendidas no seu lanzamento hai 4 anos).
Estes xogos xa venderan 2,5 millóns de unidades no Xapón nas súas 2 primeiras semanas, confirmando que a franquía de Pokémon segue a ser unha das principais bazas de Nintendo, que durante o presente ano serán base do seu negocio xunto co lanzamento da Nintendo 3DS.
Anuncios televisivos norteamericanos dos novos xogos de Pokémon
Os novos xogos de Pokémon arrasan en vendas
Compartir Este Artigo

