
Entre as liñas de actividade da iniciativa figuran, para comezar, unha serie de xuntanzas periódicas de investigadores con empresas e con administracións públicas, baixo a feitura de voCamps, encontros de participación e máis almorzos de traballo.
A Rede Temática Española de Linked Data estará coordinada por Óscar Corcho, do Grupo de Enxeñaría Ontolóxica da Facultade de Informática da Universidade Politécnica de Madrid, e, entre outros moitos equipos de traballo, integra ao Grupo de Sistemas Intelixentes da Universidade de Santiago (USC).
Segundo se informa na Gaceta Tecnolóxica, o proxecto benefíciase do agrupamento de diferentes fontes de datos achegadas pola rede mesma, entre as que se conta GeoLinked Data, plataforma aberta do Grupo de Enxeñaría Ontolóxica da Politécnica de Madrid e que se dirixe a achegarlle á comunidade internauta información xeoespacial da contorna española. Linked Data, por certo, non é unha proposta que abrolle da nada. De feito, en certa medida segue o ronsel de redes temáticas semellantes como a la Open Knowledge Foundation ou FAO italiana.
A USC participa na creación dunha rede temática estatal de centos de investigación
Compartir Este Artigo
