Coa firme intención de “falar cos máis mozos e estar en permanente contacto con eles”, a Delegación Diocesana da Xuventude do Bispado de Lugo viuse na obriga de botar man das mesmas ferramentas comunicativas que usan estas novas xeracións no seu día a día: as redes sociais, e vén de poñer a andar o seu propio perfil en Facebook. A campaña de comunicación que está a levar a cabo esta diócese galega, pretende chegar aos mozos e mozas de idades comprendidas entre os 13 e os 35 anos (católicos ou non católicos) a través de Internet e tamén de carteis impresos tradicionais (cos que van empapelar o obispado); unha medida que a ben seguro non será tan eficaz como a tecnolóxica por moito que a vexan como unha idea “maravillosa e orixinal”. O delegado de xuventude da diócese, Marcos Torres, explicou para o xornal El Progreso, que Carrasco Rouco (sobriño do cardeal Rouco Varela e promotor da iniciativa), “é un namorado das novas tecnoloxías” e asegurou que incluso “ten o seu propio perfil en Facebook, e prevé abrir canto antes outro en Twitter e incluso en Tuenti”.
Carrasco Rouco, malia ser partidario de falar “cara a cara” coas novas xeracións, concédelle gran importancia ás novas tecnoloxías “para o contacto e a comunicación” e afirma que estas se converteron para o bispado “nunha opción necesaria para achegarse aos máis mozos”.
A diócese de Lugo bota man das redes sociais para chegar á xuventude
Compartir Este Artigo

