
Cómpre subliñar que a firma Ozona, amais de ser socia de Ineo (colaborando coas empresas integradas na asociación), ten a sede principal en Santiago de Compostela e conta no seu equipo cun importante número de profesionais galegos, comezando polo propio Ramón Ares, recentemente entrevistado por El Ideal Gallego con motivo da súa achega en servizos de computación na nube. Asemade, Ozona está participada por Novacaixagalicia.
Volvendo ao recoñecemento co que abrimos este artigo, dicir que non é o único do que foi obxecto a empresa ao longo da súa andaina recente. De feito, tamén conta cos avais de Citrix e VMware como “mostra da ca capacitación tecnolóxica e a profesionalidade da compañía”.
Ozona está especializada sobre todo no deseño e implantación de proxectos e servizos de virtualización e computación na nube. Segundo conta a propia empresa, “tódolos enxeñeiros e consultores da organización contan cos máximos niveis de certificación nas tecnoloxías e metodoloxías coas que traballan”. A facturación da firma no ano que deixamos atrás, próxima aos 5,5 millóns de euros, é a constatación da importancia do coñecemento e a innovación nuns tempos de crise dos que moitos sectores semellan non ter saído.
Microsoft certifica á galega Ozona como socia de excelencia
Compartir Este Artigo
