Un ano máis (e alá van sete xa), o Principado de Asturias decidiu confiar no traballo da galega Seresco para encargarse da operación do seu Centro de Xestión de Servizos Informáticos (CGSI) onde traballa dende o 2004 dando soporte a clientes e traballadores.
Esta empresa viguesa, con máis de 40 anos ao lombo dedicándose ao desenvolvemento de software e suministración de servizos TIC, comezou o 2011 con bo pé e logo de ter renovado o devandito contrato coa Administración asturiana, desenvolveu e presentou unha nova versión da súa ferramenta de produción e control de calidade cartográfica ProBTA: a 2.0.
un aforro tanto de tempo como de custes, facilitando igualmente a estandarización dos niveis de calidade de todo o proceso”.
Trátase unha plataforma tecnoloxicamente avanzada desenvolvida no noso país que engloba todas as ferramentas necesarias para a produción de cartografía e o control de calidade da mesma segundo o modelo de datos de Base Topográfica Harmonizada a escala 1:5.000 ou 1:10.000, así como a comprobación de que o produto xerado cumpre os estándares de calidade fixados nas especificacións.
Este modelo de datos permite, segundo informan en Galicia Hoxe, “a xeración da cartografía topográfica a escalas 1:5.000 ou 1:10.000 nas distintas comunidades autónomas, deputacións forais e na Administración Xeral do Estado, permitindo o intercambio de información xeográfica dixital, a súa integración e interoperabilidade”.
O contrato que dende a CCAA veciña se lle adxudicou a Seresco por valor de 13 millóns de euros, comprende a xestión unificada e a atención de máis de 1.200 dependencias de toda a Administración do Principado, dende as Consellarías ata os seus organismos e entes públicos.
E é que a tecnoloxía galega non atopa fronteiras cando é de calidade e se fai con ilusión.
Tecnoloxía galega ao servizo da Administración asturiana
Compartir Este Artigo

