
O principal obxectivo deste proxecto europeo é o desenvolvemento dunha Axenda Dixital Local (ADL) da Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal, mediante un modelo sistémico de implantación da sociedade da información, “que sexa participativo e adaptable ás peculiaridades das distintas áreas urbanas”, afirmaron.
Para elo, engadiron, “realizaranse accións de sensibilización a responsables políticos e técnicos a nivel municipal e elaborarase a ADL a partir dun estudo de situación da sociedade da información nos municipios, a consulta con expertos e a concertación coas entidades”.
Dende hoxe, e ata o vindeiro 31 de decembro de 2012, as persoas responsables desta iniciativa deberán comezar a crear unha rede de Municipios Dixitais da Eurorrexión, mediante a cal dinamizar o uso e implantación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) nas cidades desta rexión; iso sen deixar de prestarlle o asesoramento tecnolóxico requerido aos gobernos locais.
Ademais, crearán o BANCO.TIC, un banco de recursos tecnolóxicos para a prestación de e-servizos, que ofrecerá información das boas prácticas locais, recursos dispoñibles e empresas que traballan con éxito nas administracións públicas, entre outras.
Este proxecto conta para a súa execución cun orzamento de máis de 1,1 millóns de euros, dos cales o 75 por cento proveñen do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Unha Axenda Dixital Local integrará aos concellos do Norte de Portugal e Galicia na SI
Compartir Este Artigo

