
Segundo apuntou o xurado, o director galego devolveulles “a esperanza no cinema como ferramenta para o diálogo entre seres humanos” e salientaron do filme “a súa fidelidade a un concepto cinematográfico que Laxe manexa con valentía e sensibilidade para permitir que a realidade interveña, facendo desta película unha pequena obra mestra con múltiples capas”. Polo que atinxe ao premio á mellor curta, valorado en 2.000 euros, foi dar a Jay Rosenblatt por The D Train, “unha viaxe de cinco minutos pola vida e polo seu significado”. Por certo que as novas tecnoloxías botaron unha man no festival para permitir contacto directo co director galardoado, quen puído agradecer o recoñecemento, en tempo real, a través de videoconferencia.
Finalmente, o xurado tomou a decisión de incorporar ao palmarés unha mención especial a The Arbor, da británica Clio Barnard, por “cuestionar as nosas nocións sobre o cinema e dinamitar as fronteiras entre ficción e documental”.
A edición 2011 de Play-Doc contou, entre outros apoios, co da Secretaría Xeral de Política Lingüística, neste caso concreto para a promoción do uso de galego. A xuízo do departamento da Xunta, estamos ante un senlleiro festival de cinema na nosa terra e alén dela, referente do audiovisual e do emprego da lingua propia, presente “nas múltiples canles de difusión de contidos coas que conta o festival e que chegan a un público numeroso e heteroxéneo, procedente tanto de Galicia como de fóra das súas fronteiras administrativas”.
O galego Oliver Laxe, gañador de Play-Doc 2011
Compartir Este Artigo
