O catálogo editorial da Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, composto fundamentalmente por obras de recoñecidos autores españois como Lope de Vega, Calderón de la Barca, Larra, Galdós ou Rubén Darío, así como de outros menos consolidados porén de indudable valor literario como Céspedes y Meneses, Juan Cortés de Tolosa ou Julia de Asensi… vai ser comercializado e distribuido alén das nosas fronteiras pola empresa Leer-e.
Trátase dunha entidade española pioneira no ámbito do libro electrónico, que distribuirá o devandito catálogo en formato epub, tanto a través da súa libraría virtual como a través de outras plataformas online.
As obras serán distribuídas en España e en América a través de Internet así como a través de soportes físicos como CD, USB ou tarxetas de memoria; dispositivos que permitirán a lectura das obras dixitais a través de eBooks ou mesmo dende o ordenador.
A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, que ao longo deste ano prevé “chegar ao medio milleiro de títulos en español”, seguirá fiel ao seu principal desenvolvemento e, neste senso, vén de anunciar que “seguirá a apostar pola cultura clásica española e iberoamericana, sen esquecer aos autores contemporáneos, que tamén formarán parte desta oferta”.
Leer-e comercializará o catálogo de ebooks da biblioteca Cervantes
Compartir Este Artigo

