Vista xeral de Tui achegada na GalipediaO operador galego R deu comezo en Tui aos traballos para habilitar a súa infraestrutura de fibra óptica na histórica vila pontevedresa. Segundo informa a empresa, a rede que se prevé despregar dará cobertura múltiple (acceso a internet de alta velocidade, telefonía fixa, televisión dixital e móbilR) a preto de 1.800 fogares e empresas do concello. Deste xeito, Tui integrarase no tecido de cidades e vilas do noso país que arestora dispoñen de servizo R. O investimento destinado a estes traballos será de 1,22 millóns de euros, dos que xa se comezou a botar man para dar cobertura na rúa Martínez Padín, sendo o paso seguinte habilitar infraestrutura nas rúas Rosa Bahamonde Foxo. En termos concretos, o equipamento a pór en marcha incluirá catro quilómetros de canalizacións e máis de un quilómetro de fibra óptica. Segundo prevé R, os labores rematarán co ano en curso. Con todo, xa lles será posible a un bo número de fogares e empresas recibir as achegas de R a finais do verán vindeiro.