O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), a asociación EGANET e Vitae Consultores organizan este xoves 7 un encontro para dar a coñecer a situación actual do software feito na nosa terra, facendo fincapé nos seus puntos fortes e potencialidades e tamén nas súas necesidades. A cita, a desenvolver a partir das 12.15 horas na sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña (nos números 21-24 do Cantón Grande) preséntase con feitura de rolda de prensa, pero tamén como un foro de divulgación. De feito, emprázanse nun mesmo escenario a comunicadores perante representantes de tres frontes de actividade concretos: as empresas, a formación e as institucións que apoian e promoven o noso software.
Intervirán no acto Marcos Carbonell, director de Vitae, dando a coñecer as demandas e necesidades dos profesionais galegos de software; Víctor Gulías, coordinador co CITIC (expoñendo o seu labor para o seguimento e mellora dos procesos de desenvolvemento de programas informáticos); e máis Víctor López, presidente de EGANET, quen fará un percorrido pola realidade do sector empresarial que representa facendo especial fincapé na procura permanente de calidade dos nosos programadores.
A realidade do noso software, a debate este xoves na Coruña
Compartir Este Artigo
