Para ir preparando o terreo para un novo videoxogo de Sonic, SEGA publicou en exclusiva na súa páxina de Facebook un vídeo no que presentan un xogo do ourizo azul que chegaría este mesmo ano á Xbox 360 e á PlayStation 3, sen adiantar o seu título nin detalles como a mecánica do xogo, xa que o clip correspondería a unha secuencia cinemática (e non a imaxes in-game) pero ao aparecer dúas versións de Sonic (o actual e outro que lembra ao seu deseño orixinal) poderiamos dar por confirmado o feito de a nova entrega da mascota de SEGA sexa Sonic Generations, que podería servir de homenaxe ao 20º aniversario deste carismático personaxe.
Teaser do novo videoxogos de Sonic que verá a luz este mesmo ano
Sonic estreará xogo para PS3 e Xbox 360 este ano
Compartir Este Artigo

