A asociación empresarial Ineo organiza este 15 de abril o seu Foro Modelos de referencia e normas de calidade dentro do sector TIC. A actividade, que se celebra entre as 9.30 e as 11.15 horas no auditorio do edificio de oficinas da Zona Franca de Vigo, vai encamiñada non só a informar sobre os mellores xeitos de acadar unha boa xestión e un bo desenvolvemento dos nosos produtos e servizos, senón tamén a achegar recursos para que as empresas e institucións saiban deste noso bo facer.
O foro contará coa presenza do xerente da consultora Lambda CT, Javier Regueira, quen abordará o tema central da xornada.
Pola súa parte, Javier López, consultor de EQA, avaliará o proceso de implantación de certificacións de calidade por parte das empresas TIC.
Asemade, exporanse casos de éxitos dunha compañía galega e doutra portuguesa.
Segundo informa Ineo, a asistencia é de balde para os socios desta plataforma galega empresarial e (tamén) de AJE Vigo e AJE A Coruña. Para os demais interesados ten un custe de 25 euros por persoa. A inscrición deberá levarse a cabo a través da seguinte conta de correo: comunicación@ineo.org.
Ineo avalía este venres os modelos e normas de calidade dentro do sector TIC
Compartir Este Artigo
