Remata o primeiro trimestre do ano e os estudos sobre todo tipo de tendencias no mercado non se fan agardar: “a venda de ordenadores caeu en España un 27 por cento”, unha cifra que resultou negativa en practicamente todo o mundo (logo de 18 meses de crecemento), confirmando así o inicio da era pos-PC anunciada por Steve Jobs.
Outros países europeos como Italia, Reino Unido, Alemania ou Francia, tamén sufriron un descenso nas vendas de ordenadores, porén non tan drásticas como no noso país, xa que por exemplo no país galo, a caída das vendas de ordenadores tan só foi do 1,5 por cento.
Segundo afirman en El País, a venda de portátiles en Europa do Oeste “retrocedu un 5,8 por cento; a de miniportátiles un 25, 6 por cento; e a de ordenadores de oficina un 9,3 por cento”; unhas cifras que se contrapoñen escandalosamente á das vendas de tablets, que medraron un 910 por cento.
Tras 18 meses de crecemento, cae a venda de ordenadores en todo o mundo
Compartir Este Artigo

