SEGA confirmou hoxe que o novo xogo da súa mascota azul será Sonic Generations, que chegará para celebrar o 20 aniversario do personaxe e busca ofrecer a experiencia de xogo definitiva tanto para os seareiros de sempre e os novos xogadores. O novo xogo chegará a Xbox 360 e PlayStation 3 a finais de ano e está ambientado en 3 épocas claramente definidas de Sonic The Hedgehog, de xeito que podermos repasar o modo 2D de desprazamento horizontal clásico ata o moderno estilo 3D que puidemos ver nos últimos xogos de Sonic. Cada personificación de Sonic contará con movementos especiais característico (o clásico terá os seus Spin Dash e Spin Attack, mentres que o moderno contará co Homing Attack e o Sonic Boost).
Para xustificar a presenza no mesmo xogo do orixinal Sonic repoludo e da súa versión estilizada a historia parte da aparición no universo de Sonic dun novo poder misterio que crea buratos temporais que levan ao veloz ourizo azul e aos seus amigos cara atrás no tempo, de aí que o Sonic Moderno e o Sonic Clásico poidan xuntar forzas para derrotar ao novo inimigo, salvar aos seus amigos e descubrir quen está detrás destes actos diabólicos.
Para poder facernos unha mellor idea do que achegará Sonic Generations, podemos ver o seu novo trailer:
Sonic celebrará o seu 20 aniversario cun novo xogo
Compartir Este Artigo

