O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, en colaboración coa entidade Red Hat, vai organizar, o vindeiro 10 de maio, de 10:00 a 13:00 horas, un seminario técnico sobre cloud computing, dirixido a profesionais e persoal técnico interesados en coñecer as vantaxes desta tecnoloxía.
O evento, que contará coa presenza de relatores da talla de Tomas Von Veschler, de EMEA SME Cloud Computing, e Juan Quintela de Software Engineering Virtualization, tamén achegará información de utilidade sobre o proxecto de virtualización KVM.
En concreto, os contidos que se desenvolverán na xornada en torno ao cloud son os que seguen: – Conceptos e beneficios do cloud computing. – Estratexia open source de cloud de Red Hat para laaS e Paas. – Arquitectura cloud. – Seguridade en contornas multi-tenancy. – Automatización e estandarización.
Por outra banda, os temas que se tratarán na segunda parte do programa, a correspondente á virtualización, resúmense nunha visión xeral do proxecto KVM, o funcionamento da virtualización asistida por Hardware e o futuro da virtualización.
Seminario sobre cloud e virtualización no CNTG
Compartir Este Artigo

