
Esta tecnoloxía, malia que pola súa utilidade semella lóxico que no século XXI tódalas empresas a deberían estar a usar, o certo é que son moitas as firmas que non apostaron de cheo por incorporar as TIC aos seus procesos administrativos, e seguen a investir tempo e cartos en tarefas facilmente executables a golpe de rato.
Precisamente para afondar nas vantaxes da e-administración, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, vai organizar as xornadas As Relacións da Empresa coa Administración Electrónica, durante os vindeiros días 3, 4 e 5 de maio.
O evento, que vai destinado ao público en xeral, facendo especial fincapé no funcionariado e no empresariado, terá lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e conta coa colaboración do Centro de Estudios Cooperativos (Cecoop).
Ao longo das tres xornadas, un amplo número de expertos unirán as súas distintas visións para abordar a administración electrónica desde o punto de vista do acceso da cidadanía aos servizos públicos, á contratación, á facturación, á protección de datos ou á informatización das cooperativas, entre outras cuestións; e nelas, as persoas asistentes poderán resolver as súas dúbidas en torno ao tema e intercambiar experiencias.
Asemade, o encontro representa unha oportunidade para coñecer polo miúdo a normativa sobre protección de datos e a súa aplicabilidade, e para afondar no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades delas dependentes.
As persoas interesadas en participar deberán cubrir o boletín que se achega na web oficial do CPEIG, e envialo cos seus datos a eventos@cpeig.org.
O acto de inauguración contará coa presenza do reitor da USC, Juan Casares Long, a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, entre outras destacadas personalidades.
O CPEIG desvela na USC as claves da eAdministración
Compartir Este Artigo

