
Logo deste proceso, publícanse en todo o tecido display do buscador. Para entendérmonos, en base a este sistema cada movemento dun anunciante na súa conta de Twitter transfórmase nunha peza publicitaria de Google.
Segundo se conta dende Elogia, “é un orgullo ser os primeiros en España en probar este atractivo formato“. Pola súa banda, o director xeral de lastminute.com en España, Joan Roca, comentou ao respecto que “esta iniciativa forma parte da nosa estratexia para desenvolver as canles de Social Media, que cremos fundamentais para o posicionamento da compañía“. No que atinxe a Google, dicir que o buscador ten moitas esperanzas depositadas no seu servizo Google Twitter Ads, ao que considera unha ferramenta imprescindible para acadar a máxima repercusión posible en campañas de publicidade directa con clientes que varíen as súas influencias e intereses de xeito continuo, ampliándose en boa medida a cantidade público obxectivo.
Elogia estrea o novo sistema de publicidade social de Google
Compartir Este Artigo
