Hai persoas aditas ao chocolate, persoas aditas ás compras, persoas aditas ao tabaco e cada vez máis tamén, persoas cunha certa adición ás novas tecnoloxías, e que admiten ser aditas a Internet. Segundo un estudo promovido polo Instituto da Muller (IM) sobre a fenda dixital de xénero na mocidade española, o 28,3 por cento dos estudantes de 3º de ESO aseguran que “non poden vivir sen Internet” e as mulleres en maior medida (32,4 por cento) ca eles (24,1 por cento). A investigación demostra, asemade, que segue a existir unha fenda no acceso diario das mulleres respecto dos homes, que é “do 15 por cento”, nove puntos porcentuais menos que en 2004. Practicamente todos eles, tanto homes como mulleres, conéctanse a diario ás redes sociais (nun 96 e un 92 por cento dos casos), porén hai unha diferencia no tipo de contidos que buscan en Internet. Desta maneira, as primeiras prefiren contidos culturais (58 por cento), ademais de sociedade e moda; e os segundos optan na súa maioría por buscar xogos (76,6 por cento), así como deportes e informática. Porén só pouco máis da metade (51,8 por cento) de todos os enquisados aseguran que “atopan na Rede o que lles interesa”; o 11 por cento recoñece que Internet “lles quita tempo para estar coa familia e cos amigos” e o 15,7 por cento cre “que pode ser perigoso para a súa seguridade”. Amais disto, o 50,2 e o 45,6 por cento respectivamente optarían por “cursar estudos de informática”, e un pouco menos de cada grupo, estarían dispostos a estudar tecnoloxía. Malia que se achega bastante a outros estudos máis especializados, o informe, que se pode ler con máis detalle en Galicia Hoxe, baséase en tan só 417 cuestionarios respondidos por estudantes de Galicia, Madrid, Castela e León, Cantabria e Andalucía polo que os resultados non son demasiado fiables.
Os adolescentes españois admiten “non poder vivir sen Internet”
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- A Xunta destaca o modelo de goberno da IA en Galicia, que garante a reserva de humanidade, a transparencia e o control dos sistemas que emprega a Administración
- A Xunta pon en marcha unha nova edición das Xornadas Sobre Control Parental para fomentar un uso responsable da tecnoloxía
- A comunidade educativa do Colexio Juana de Vega comparte a súa experiencia de ensino híbrido no marco do proxecto E-Dixgal
- A Xunta renova os case 500 postos dixitais das oficinas rurais para adaptalos ás novas formas de traballo
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
