
A mostra, promovida e coordinada polo profesor José Antonio Fernández Chao, foi posible grazas ás contribucións do centro, dos propios profesores e tamén da veciñanza e das empresas de Lugo e a súa contorna. Asemade, axudou a todo este proceso de recuperación de aparellos a longa experiencia do ciclo de Informática que está operativo no devandito centro escolar dende a súa apertura en 1985.
Entre as estrelas da mostra, ese material antigo que non podemos deixar de ver baixo ningún concepto, atópase unha Olivetti BCS dos anos setenta do século pasado, un aparello que era algo máis que unha máquina de escribir, xa que daba acubillo a unha calculadora e a unha impresora con disquete. Dalgunha maneira, representa a vaga de aparellos tecnolóxicos que precedeu e fixo posible a revolución posterior dos equipos informáticos persoais. A mostra, que tamén é un interesante percorrido pola evolución dos diversos sistemas operativos (cousa que lle será de moita utilidade aos estudantes que estean a orientar a súa carreira cara a programación. O museo, por certo, abre este venres 29 as súas portas, a partir das 20.00 horas, incluíndo un completo programa de actividades no que están a participar arreo os propios estudantes do centro lucense e máis alumnos da escola de arte Ramón Falcón e da Fundación TIC.
A historia da informática, polo miúdo no IES Muralla Romana de Lugo
Compartir Este Artigo
