Os medios, axencias e entidades promotoras do noso país que ao longo de 2010 publicaran algún traballo publicitario en radio, televisión ou Internet, teñen agora a oportunidade, da man do Consello Asesor da CRTVG de participar na XVIII edición dos Premios de Publicidade.
Unha das condicións infranqueables deste galardón é que as pezas deben estar integramente en galego e, asemade, ter sido publicados ou emitidos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2010.
O xurado dos premios, que estará composto polo Pleno do Consello Asesor de RTVE-G e da CRTVG, valorará, entre outras cousas, a sigularidade da produción, a súa calidade lingüística oral e escrita, e no caso dos anuncios para Internet, o seu contido multimedia.
Este último reunirase no mes de outubro para deliberar, advertindo de antemán que “pode quedar deserto”.
O premio para o traballo gañador de cada unha das modalidades (radio, televisión e Internet), consistirá nunha peza de arte galego que se lle entregará ás empresas anunciantes.
Pola súa banda, as axencias de publicidade, autoras dos anuncios premiados, recibirán unha placa conmemorativa. Estes premios serán entregados no transcurso dun acto que, segundo informan dende a CRTVG, “se celebrará na data que determine o Consello Asesor”.
BASES DOS XVIII PREMIOS DE PUBLICIDADE 2010
1º.- Os premios terán periodicidade anual e contarán con tres modalidades: radio, televisión e Internet.
2º.- O concurso será aberto e, poderanse premiar a medios, axencias, entidades promotoras, que promovan ou difundan anuncios ou cuñas publicitarias, transmitidas integramente en galego.
3º.- Nos traballos presentados, valoraranse, entre outros, os seguintes aspectos:·Singularidade da producción
·Calidade lingüística oral e escrita
·Contido multimedia para os traballos en Internet4º.- Os traballos que concursen deberán estar difundidos no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro de 2010.
5º.- O xurado estará composto polo Pleno do Consello Asesor de RTVE-G e da CRTVG e/ou que poderá solicitar a colaboración ou asesoramento de profesionais de recoñecido prestixio no eido da Comunicación.
6º.- Todos os traballos deberán ser presentados en E-MAIL (unicamente para os arquivos de audio correspondentes ás cuñas de radio), CD ou DVD. No caso de Internet a copia deberá acompañarse do enderezo completo da web.
Cada anuncio deberá ir acompañado dunha Certificación das datas de emisión.
7º.- Os reclamos publicitarios serán admitidos no Rexistro do Consello Asesor ata o día 15 de Xullo de 2011 e deberán ser remitidos ó seguinte enderezo:Consello Asesor de RTVE-G e CRTVG
Rúa do Hórreo, nº 61 (Planta Baixa)
15702 Santiago de Compostelasinalando para os “XVIII Premios de Publicidade en galego 2010.” As propostas poderán ser presentadas por:
Medios
Axencias
Entidades Promotoras
Membros do Consello Asesor8º.- As deliberación do xurado terán lugar ao longo do mes de outubro do 2011 podendo quedar deserto. En caso de empate, dirimirá o voto de calidade do presidente.
9º.- As axencias ou empresas participantes ao aceptar o premio aceptan a difusión dos anuncios presentados na páxina web do Consello Asesor.
10º.- O premio, nas modalidades radio, televisión e internet, consistirá nunha peza de arte galego que se lle entregará ás empresas anunciantes. As axencias de publicidade, autoras dos anuncios premiados, recibirán unha placa conmemorativa. Estes premios serán entregados no transcurso dun acto que se celebrará na data que determine o Consello Asesor.
11º.- A presentación aos concursos implica a aceptación destas bases e o dictame non poderá ser recorrido. O xurado resolverá calquera outro aspecto non contemplado nas bases.

