
No que respecta á facturación do ano anterior, este novo volume supón un 7% de crecemento, o que se complementa cunha rendibilidade superior ao 20% e cun medre do equipo de traballo dun 10%, superándose xa a cifra de 40 profesionais. Segundo nos conta Manuel Lago, director xeral da firma, “o exercicio 2010 foi moi positivo, pero non só por ter acadado por vez primeira a cifra dos tres millóns; Emetel parte da filosofía de colaborar no medre dos nosos clientes a través da incorporación de tecnoloxías que lles permitan mellorar en competividade e produtividade”.
E prosegue, facendo referencia á clave da estratexia e á semente deste logros: “Para isto, desenvolvimos solucións específicas en función das súas necesidades e baseadas na innovación: esa é a verdadeira función da tecnoloxía”.
Entre os principais proxectos realizados ao longo de 2010 e que conseguiron levar á empresa galega cara ás devanditas cifras de crecemento, cómpre salientar o paquete de solucións deseñadas para Marineda City (control de accesos, circuíto pechado de televisión, megafonía, radiocomunicacións, portos de información multimedia) ou a remodelación dos Centros de Procesos de Datos do Concello da Coruña. Tamén é moi destacable a creación e posta en servizo do centro de soporte técnico de Innova-Te Lugo posto en marcha pola Deputación provincial.
Emetel afianza o seu crecemento cunha facturación superior aos 3 millóns de euros
Compartir Este Artigo
