A saga de xogos do Profesor Layton está a trunfar internacionalmente, e como signo deste éxito temos o anuncio do seu estudo de desenvolvemento, Level-5, de que El Profesor Layton y la Villa Misteriosa conseguiu superar o millón de copias no Xapón (4 anos despois do seu lanzamento), pero se sumamos as vendas internacionais de toda a saga teriamos que superarían os 12 millóns de unidades, colocándose entre os grandes éxitos da Nintendo DS.
Ata o momento en España só temos 3 entregas das aventuras do Profesor Layton (La Villa Misteriosa, La Caja de Pandora e El Futuro Perdido) e a película de animación El Profesor Layton y la Diva Eterna; e estamos á espera de que en breve poidamos ver os xogos El Profesor Layton y la Flauta del Espectro para Nintendo DS e El Profesor Layton y la Máscara del Milagro para Nintendo 3DS (que sorprendeu por ter unhas fortes vendas pase a non estar pensado para tirar proveito da pantalla 3D da nova consola portátil de Nintendo).
Os xogos do Profesor Layton superan os 12 millóns de copias
Compartir Este Artigo

