Punset defendeu o uso dos videoxogos por parte dos nenosO director e presentador do programa científico de TVE, Redes, Eduard Punset, vén de recibir o principal galardón dos Premios de Internet 2011, da man da Asociación de Usuarios de Internet, que o pasado 17 de maio celebraba o Día Mundial desta ferramenta. Punset, que recibiu o galardón na categoría de Premio Especial pola súa traxectoria profesional, aproveitou a súa intervención para incidir en cómo Internet lle axudou a desenvolver a súa carreira, así como para resaltar que o seu obxectivo sempre foi “estimular a irrupción do pensamento científico na cultura popular”, algo que acadou “grazas a Internet e ás redes sociais”, afirmou. O protagonista do Día de Internet deste ano, insistiu moito na importancia actual das redes sociais, das que di, son unha ferramenta para “estimular” todo tipo de áreas do coñecemento e permitirlle aos usuarios desenvolverse por novas vías. Facía trece anos que un comunicador non recibía este galardón, pois nas últimas edicións o premio sempre recaera en persoalidades do ámbito tecnolóxico, empresarial e político. Punset rematou a súa intervención cunha frase que quedará de referente para a prosperidade: “somos únicos grazas ás redes sociais”; grande Punset.