Tras o comezo do reestablecemento da PlayStation Network por parte de Sony, a compañía nipona realizou distintos anuncios como o detalle do programa Welcome Back co que pretende compensar ao usuarios por ter pechada a súa plataforma en liña dende o pasado 20 de abril, e que incluirá descargas de balde da PlayStation Store (cando retome o seu funcionamento), unha subscrición de balde a PlayStation Plus durante 30 días (para os que xa conten co servizo o período será de 60 días) e 30 días de balde no servizo Q Music Unlimited para os usuarios actuais.
No que a descargas gratuítas da PlayStation Store, os usuarios de PSP poderán elixir un xogo de entre 4 (LittleBigPlanet PSP, ModNationPSP, Pursuit Force e Killzone: Liberation) e os de PS3 optarán a 2 entre 5 (LittleBigPlanet,InFamous, Wipeout HD/Fury, Rachet and Clack: En busca del tesoro e Dead Nation).
Adicionalmente os usuarios da PlayStation Network e Quriocity en Reino Unido, Francia, Italia, Alemaña e España poderán optar a un servizo de protección de identidade de balde durante 12 meses ofrecido por Affinion International Limited, que cubre a protección da información persoal, axuda orientación e asistencia e protección financeira; aínda que polo momento non detallan cómo contactar coa empresas para contactar con Fraud Protect para gozar da mencionada oferta.

Sony anuncia as compensacións pola caída da PSN e padece novos fallos de seguridade
Compartir Este Artigo

