Sony Computer Entertainment anunciou no Xapón unha nova liña de videoxogos para PlayStation 3 que levará por nome PSP (PlayStation Portable) Remaster, que estará composta por xogos da portátil de Sony adaptados á PS3 e dispoñibles en Blu-ray (inicialmente no mercado nipón).
Esta iniciativa non debería sorprender enormemente, pois durante bastante tempo escoitáronse rumores de que certos xogos de PSP poderían adaptarse á PS2 para alongar a vida da vella consola, e o que teriamos agora sería unha conversión máis profunda, pois implicaría a adaptación dos gráficos á alta definición (na liña do que se fixo con sagas como a de God of War ou Prince of Persia), que tampouco pilla de primeiras a Sony.
O primeiro xogo da liña PSP Remaster será Monster Hunter Portable 3rd HD Ver, que levaría a popular saga de cazadores de monstros á PS3 despois de vender máis de 4,5 millóns de copias no Xapón nos últimos 5 meses, e do que xa está dispoñible un trailer:
Pero non é o único xogo que seguirá este camiño, senón que dende Taiwán tamén anuncian que a primeiros de xullo o mercado asiático recibirá God of War Portable Collection, que incluirá conversións de PSP a PS3 dos xogos God of War: Chains of Olympus e God of War: Ghost of Sparta.
A PS3 recibirá remasterizacións en HD de xogos de PSP
Compartir Este Artigo

