
Froito disto é o evento que nos ocupa, entre o 1 e o 3 de xuño no Campus de Ourense: a Conferencia RedOtri 2011.
Trátase da nova edición dunha serie de xuntanzas anuais e que este ano contará coa participación dun cento de técnicos de 70 universidades de todo o territorio estatal, reunidas co obxectivo de avaliar todo tipo de cuestións ligadas á área do fluxo de coñecemento investigador, facendo especial fincapé nos recursos para facer o máis eficaz posible esta achega de datos, tecnoloxías, programas e recursos.
Segundo informa no boletín do DUVI Ángeles López, directora da OTRI de Vigo, “a conferencia ten como finalidade a posta ao día nos temas máis actuais no mundo da transferencia e reunir ás persoas que se dedican a esta tarefa nas universidades españolas”. A cita, explica, está organizada pola Universidade de Vigo e a Conferencia de Reitores de Universidades Españolas CRUE e conta co patrocinio da Fundación Barrié de la Maza e da Tecnópole.
O evento non será un evento xenérico sen alicerce temático concreto sobre o que debater e abranguer outras cuestións interrelacionadas. De feito, como as anteriores edicións, a convocatoria do Campus de Vigo terá un eixe temático ben claro: a profesión mesma do investigador encargado de transmitir coñecemento. “Este ano está dedicado á nosa profesión, a diferenza doutros anos que se centrou nas tarefas de transferencia propiamente ditas, como son patentes, spin-off ou I+D con empresas”, destaca a responsable da OTRI viguesa.
Deste xeito, os asistentes afondarán en cuestións coma os sistemas de acreditación que existen a nivel internacional para os profesionais da transferencia de coñecemento e as cualificacións e competencias necesarias para ser un bo xestor neste eido.
Técnicos en transferencia de todo o Estado daranse cita en Ourense a partir do 1 de xuño
Compartir Este Artigo
