
Por exemplo: o respecto á autoría allea, o compromiso coa interacción co contorno, a defensa da orixinalidade, a transparencia e a responsabilidade, entre outros preceptos.
O manifesto xa está aberto a presentes e vindeiras adhesións.
O seu xermolo foi, como dixemos, o segundo Encontro de Blogueiros de Cantabria, un evento no que houbo, unha vez máis, representación galega, xunto con membros das blogosferas respectivas de Asturias, Cantabria, Aragón, Catalunya, Tenerife, Madrid ou Andalucía.
A xuntanza, patrocinada polo goberno autonómico, inseriuse unha viaxe de familiarización que pasou por algúns dos principais emprazamentos turísticos da zona., como por exemplo San Vicente de la Barquera, Comillas, Santillana del Mar e Santander. A viaxe estivo coordinada pola axencia Open Comunicación, responsable tamén da primeira edición da que abrollaron máis de 50 reportaxes e case un millón de impresións. Os fundadores deste Manifesto de Cantabria foron os responsables das seguintes bitácoras de viaxes: Blogs turismo, Círculos de fuego, El mundo con mochila, El viajero impresionista, En el mundo perdido, La vuelta de los 25, Los mejores top 10, Machbel, Mi maleta y yo, Mil Camins, My guia de viajes e Sabor gourmet.
Publicado o código ético dos blogueiros de viaxes
Compartir Este Artigo
