
Call of Duty Elite sustentarase en 3 piares: conexión, competición e melloras. Converterá o Call of Duty nunha auténtica rede social an que unirse a grupos, clans e participar en torneos, realizar un seguimento sobre o rendemento, o progreso e a actividade en rede tanto dende o xogo como a través da web ou o móbil; os xogadores poderán participar en numerosos eventos e competicións acadando premios tanto virtuais como reais; e facilitará numerosas ferramentas para aprender e mellorar o nivel de xogo.
Aínda que a meirande parte das funcionalidades de Call of Duty Elite estarán dispoñibles de balde, pero certos servizos e contidos exclusivos ofreceranse a través de accesos Premium, ou sexa, que Activision entende que esta nova funcionalidade pode ser unha canle máis para rendibilizar a súa franquía bélica sen ter que seguir un camiño tan drástico como o de World of Warcraft (xogo en liña polo que hai que pagar cotas mensuais), aínda que poderiamos estar simplemente ante unha etapa de transición de cara a un modelo de subscrición (que Activision vén esixindo dende hai tempo, especialmente a Micrososft, xa que os usuarios da Xbox 360 teñen que pagar para xogar en liña, e Call of Duty e un dos títulos de máis éxito en tal plataforma de xogo).
Trailer de Call of Duty Elite
Call of Duty mellorará o seu xogo en liña cunha plataforma Freemium
Compartir Este Artigo

