O vindeiro 8 de xuño Madrid vai dar acubillo á décima edición do encontro anual sobre desenvolvemento de proxectos de Administración Electrónica e Modernización TIC. O evento, no que participarán profesionais do sector público intercambiando experiencias e propoñendo accións conxuntas para levar ao Estado e ás súas Comunidades á primeira liña da innovación dixital aplicada ás institucións públicas, vén da man de iRREspaña.
O escenario das actividades será o Hotel Confortel de Madrid, sendo o eixe temático específico os novos retos e estratexias que se deben adoptar durante os vindeiros anos no desenvolvemento do Plan Avanza2, a seguridade nos accesos, a certificación dixital ou as aplicacións para móbiles e tablets, entre outros asuntos.
Esta nova edición contará co apoio activo de organismos como o Ministerios de Industria e Política Territorial, ou os Concellos de Madrid, Barcelona ou Getxo, amosando o miolo das súas experiencias prácticas para adaptarse aos novos contornos telemáticos de tramitación que se esixen por lei.
Asemade, o evento dará acubillo a un bo número de debates interactivos entre asistentes e relatores, habilitándose un fluxo de coñecemento activo para reparar o que se fixo e ver o queda por facer en materia de eAdministración, tanto a nivel xenérico como a nivel específico. O prazo de inscrición para participar na xuntanza está aberto xa na Rede, a través da páxina web propia do evento ou da conta de correo inscrip@iir.es.
Madrid acolle unha nova edición do encontro de profesionais da eAdministración
Compartir Este Artigo
