O grupo de informática da a Associaçom Galega da Língua (AGAL) vén de desenvolver unha versión do dicionario e-Estraviz (cuxa web foi obxecto de importantes melloras documentais e gráficas nos últimos anos) para trebellos móbiles. Esta versión para dispositivos, segundo informa o Portal Galego da Língua, xa está dispoñible na propia Internet e con web propia. A súa interface, continúa, permite facer procuras empregando o modo de pesquisa simples, “e apresenta un resumo das últimas palavras procuradas polos usuários”.
A nova funcionalidade acáelle á perfección a sistemas operativos libres (fomentándose así a universalización e a adaptabilidade), máis polo miúdo a Android e iOS, para os que está especialmente deseñada. O obxectivo da equipa de informática de AGAL é ampliar o abano de posibilidades e vantaxes do dicionario e-Estraviz, unha referencia imprescindible na cada vez máis frecuente consulta lingüística a través da Rede. De feito, segundo os datos estáticos do propio dicionario, este xa conta con 126.319 entradas (preto de 400 máis ca en xaneiro deste mesmo ano) e máis de medio millón de definicións. A equipa, informa o Portal, continuará “a trabalhar para aprimorá-la com novas funcionalidades e maior compatibilidade para outros dispositivos”.
O e-Estraviz chega aos trebellos móbiles
Compartir Este Artigo
