
A xuntanza, a desenvolver en colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia, celebrase en Santiago de Compostela.
A súa columna vertebral temática será a busca de novos mercados, neste caso concreto en Iberoamérica, avaliando e salientando o potencial (amplo) das nosas empresas para dar, como se adoita a dicir nestes e noutros casos, o gran chimpo ao charco. Máis polo miúdo, trataranse temas como as licitacións no plano internacional, a cooperación tecnolóxica a través de Cooperatic ou o financiamento de proxectos.
A xornada contará coa presenza de relatores experimentados, como Javier Echávarri, do CDTI, quen procederá a presentar as vantaxes e posibilidades de Iberoeka (Oportunidades de colaboración internacional en Investigación e Desenvolvemento no sector TIC). Tamén intervirán ao longo da mañá do 22 de xuño na sede da CEG Gloria Díaz, xerente da Confederación Nacional de Empresas TIC (falando de novo das moitas potencialidades de Cooperatic) ou Alberto Abella, socio de Rooter (presentando a Guía de factores básicos de cooperación en I+D).
Ineo salientará nunha xornada a potencialidade das nosas empresas en Iberoamérica
Compartir Este Artigo
