A Nintendo 3DS está a ter problemas en buscar un lugar no mercado (tardou 13 semanas en superar o millón de unidades vendidas no Xapón, cando a DS precisou só de 4 semanas, e á DS Lite e á DSi levoulles só 8 semanas chegar a tal marca) o que podería parecer consecuencia do seu elevado prezo de lanzamento, pero que segundo parece responde máis ao seu catálogo de xogos inicial, que pouco a pouco vai medrando, e que promete achegarlle unhas fortes vendas para o Nadal. Entre os xogos que están a aparecer para a 3DS moitos destacan de xeito crítico a predominancia de remakes, pero iso non tería por qué ser algo negativo, especialmente se temos en conta que algúns títulos non son unha translación 1:1, senón que achegan innovacións e aproveitan as peculiaridades da nova portátil de Nintendo para provocar unha experiencia de xogo máis rica.

MGS: Snake Eater fará un uso intensivo das prestacións da 3DS
Compartir Este Artigo

